Oferta educativa

Esta etapa educativa do alumnado, que require obrigatoriamente posuír uns estudos mínimos de acceso (graduado en ESO, proba de acceso ou estudos equivalentes), ofrece ós/ás alumnos/as coñecementos importantísimos, todos eles enfocados ó campo laboral en función da especialidade, libremente escollida polo/a alumno/a, sen abandonar a súa formación cultural e humana.

Tanto na especialidade de clínica como na de administrativo, este centro segue o programa oficial marcado polas autoridades educativas preparando ós/ás nosos/as alumnos/as para que adquiran os coñecementos precisos na especialidade que escollan.

Este Centro para dar unha maior facilidade a persoas, que por diversas razóns, precisan dun CFGM ofrecemos a posibilidade de realizar os seus estudos en réxime nocturno en ensinanza non concertada.

Estamos inmersos nun proceso de mellora continua, novas instalacións, un equipo con ánimos renovados e o noso pensamento no ensino continuo e de valores humanos dos/as nosos/as alumnos/as.

Cursos oficiais para alumnos/as que teñen o graduado en ESO ou equivalente, ou a proba de acceso a CFGM.

Sanidade

CFGM RAMA SANITARIA (Loxse) 1 Curso máis FCT – 1.400 horas Modulos Profesionais – Operacións administrativas e documentación sanitaria (55 horas) – Técnicas básicas de enfermería (320 horas) – Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material (160 horas) – Promoción da saúde e apoio psicolóxico ó paciente (130 horas) – Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica …

Servicios socioculturais e á comunidade

CFGM  ATENCIÓN a PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA (loe) 2 Cursos inclúe a FCT Soamente se ofrece en réxime privado nocturno. Modulos Profesionais – MP0020. Primeiros auxilios. – MP0210. Organización da atención ás persoas en situación de dependencia. – MP0211. Destrezas sociais. – MP0212. Características e necesidades das persoas en situación de dependencia. – MP0213. …

Administración e xestión

CFGM TÉCNICO EN XESTIÓN ADMINISTRATIVA (Loe) 2 Cursos inclúe FC T Modulos Profesionais – MP0156. Inglés. – MP0437. Comunicación empresarial e atención á clientela. – MP0438. Operacións administrativas de compravenda. – MP0439. Empresa e Administración. – MP0440. Tratamento informático da información. – MP0441. Técnica contable. – MP0442. Operacións administrativas de recursos humanos. – MP0443. Tratamento …

FP Básica

Formación Profesional Básica – (LOMCE) (2 cursos inclúe FCT). A Formación Profesional Básica segundo a normativa vixente, da acceso directo aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Dispoñemos de dúas especialidades: Ciclo formativo de Formación Profesional Básico de Informática e Comunicacións. 3029. Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos. 3030. Operaciones auxiliares para a configuración …