• Formación Profesional: Básica.
  • Duración: 2000 horas.
  • Réximen: Diurno.
  • Cursos: 2

Requisitos de acceso

O acceso aos ciclos de Formación Profesional Básica requirirá o cumprimento simultáneo das seguintes condicións:
  • Ter cumpridos quince anos, ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos de idade no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.
  • Cursar o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria ou, excepcionalmente, cursar o segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Propoñer o equipo docente aos pais, nais ou titores legais a incorporación do alumno ou alumna a un ciclo de Formación Profesional Básica.

Que vou aprender e facer?

  • Amorear os materiais para acometer a montaxe e/ou mantemento en sistemas microinformáticos e redes de transmisión de datos.
  • Realizar operacións auxiliares de montaxe de sistemas microinformáticos e dispositivos auxiliares en condicións de calidade.
  • Realizar operacións auxiliares de mantemento e reparación de sistemas microinformáticos garantindo o seu funcionamento.
  • Realizar as operacións para o almacenamento e transporte de sistemas, periféricos e consumibles, seguindo criterios de seguridade e catalogación.
  • Realizar comprobacións rutineiras de verificación na montaxe e mantemento de sistemas e/ou instalacións.
  • Montar canalizacións para cableado de datos en condicións de calidade e seguridade.
  • Tender o cableado de redes de datos aplicando as técnicas e procedementos normalizados.
  • Manexar as ferramentas do contorna usuario proporcionadas polo sistema operativo e os dispositivos de almacenamento de información.
  • Manexar aplicacións ofimáticas de procesador de textos para realizar documentos sinxelos.
  • Realizar as tarefas da súa responsabilidade tanto individualmente como en equipo, con autonomía e iniciativa, adaptándose ás situacións producidas por cambios tecnolóxicos ou organizativos.
  • Adquirir hábitos de responsabilidade e autonomía baseados na práctica de valores, favorecendo as relacións interpersoais e profesionais, traballando en equipo e xerando un ambiente favorable de convivencia que permita integrarse nos distintos ámbitos da sociedade.
  • Desenvolver hábitos e valores acordes coa conservación e sustentabilidade do patrimonio natural, analizando a interacción entre as sociedades humanas e o medio natural e valorando as consecuencias que se derivan da acción humana sobre o medio.
  • Valorar as diferentes manifestacións artísticas e culturais de forma fundamentada utilizándoas como fonte de enriquecemento persoal e social e desenvolvendo actitudes estéticas e sensibles cara á diversidade cultural e o patrimonio artístico.
  • Comunicarse en diferentes situacións laborais ou sociais utilizando recursos lingüísticos con precisión e claridade, tendo en conta o contexto e utilizando formas orais e escritas básicas tanto da propia lingua como dalgunha lingua estranxeira.
  • Resolver problemas predicibles relacionados coa súa contorna social e produtiva utilizando os elementos proporcionados polas ciencias aplicadas e sociais e respectando a diversidade de opinións como fonte de enriquecemento na toma de decisións.
  • Exercer de maneira activa e responsable os dereitos e deberes derivados tanto da súa actividade profesional como da súa condición de cidadán.

Plan de formación

  • Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.
  • Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.
  • Equipos eléctricos e electrónicos.
  • Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.
  • Ciencias aplicadas I.
  • Ciencias aplicadas II.
  • Comunicación e sociedade I.
  • Comunicación e sociedade II.
  • Formación en centros de traballo

Ao finalizar os meus estudos, Que podo facer?

  • Axudante de montador de antenas receptoras/ televisión satélites.
  • Axudante de instalador e reparador de equipos telefónicos e telegráficos.
  • Axudante de instalador de equipos e sistemas de comunicación.
  • Axudante de instalador reparador de instalacións telefónicas.
  • Axudante de montador de sistemas microinformáticos.
  • Axudante de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador de sistemas para transmisión de datos.

CURSOS

Primeiro curso

Código Módulos profesionais Horas
MP3009 Ciencias Aplicadas I. 175
MP3011 Comunicación e Sociedade I. 206
MP3015 Equipamentos Eléctricos e Electrónicos. 233
MP3029 Montaxe e Mantemento de Sistemas e Compoñentes Informáticos. 296

SEGUNDO CURSO

Código Módulos profesionais Horas
MP3012 Comunicación e Sociedade II. 135
MP3016 Instalación e mantemento de redes de transmisión de datos . 206
MP3019 Ciencias Aplicadas II. 162
MP3030 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación. 205
MP3032 FCT (Formación en centros de traballo). 320

Seguir estudando:

  • Un ciclo formativo de grao medio (Este título terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de Electricidade e Electrónica, Informática e Comunicacións, Fabricación Mecánica, Instalación e Mantemento, Enerxía e Auga, Industrias Extractivas, Marítimo-Pesqueira, Química, Transporte e Mantemento de Vehículos, Madeira, Moble e Cortiza e Edificación e Obra Civil).

Cales son as saídas profesionais?:

  • Este profesional exerce a súa actividade por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, montaxe, mantemento e reparación de sistemas microinformáticos, equipos eléctricos ou electrónicos e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.
Información

Contactar

Teléfonos: + 34 988 221 990 / +34 619 405 979
Email: contacto@estudiossanmartin.es
Localización

Dirección

Avenida de Marín 23 - 32001 Ourense (Galicia)
Ver mapa de localización

AVISO LEGAL  -  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  -  POLÍTICA DE COOKIES

© 2019 Estudios San Martín Cooperativa, S.C.G. - Todos os dereitos reservados  -  Privado  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Ir arriba

A protección dos datos persoais é moi importante para nós, por iso, cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que o continuar navegando pola nosa web implica a aceptación da nosa política de cookies. Aceptar a política de cookies.