Fonte: Xunta de Galicia

FP Básica 2022-2023
A formación profesional de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.  
Que título se obtén?
Superando un ciclo de FP básica obtense o título de técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, obterán o título de graduado en educación secundaria obrigatoria segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Cal é a validez dos títulos?
O título de técnico básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de concorrencia competitiva, que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título de técnico básico permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio. Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título de técnico básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
O título de técnico básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Cales son as vías de obtención do título de técnico básico?
  • Superar un ciclo de formación profesional básica
    Superar a proba para a obtención directa do título de técnico básico (maiores de 18 anos)
    Acreditar todas as unidades de competencia do título de técnico básico (maiores de 22 anos), a través de:
- Certificados de profesionalidade de nivel 1
- Procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais
Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?  
Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
  • Ser proposto/a polo equipo docente
    Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
    Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
    Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
    Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Que hai que facer para matricularse?
No caso de alumnado que estea a cursar ensinanzas da ESO que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.
No caso de alumnado de FP básica repetidor, 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso a solicitude será presentada no centro onde está matriculado no curso actual.
No resto dos casos (alumnado sen matrícula na ESO que faga 18, 19, 20 anos no de inicio do ciclo formativo) presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidos.
Documentación a presentar:
  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
    Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
    Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade
Cal é o período de admisión na FP básica? Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2022-2023:
  • Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (Pendente de publicación)
    Clasificada por provincia e concello (Pendente de publicación)

Descarga de documentos

Información

Contactar

Teléfonos: + 34 988 221 990 / +34 619 405 979
Email: contacto@estudiossanmartin.es
Localización

Dirección

Avenida de Marín 23 - 32001 Ourense (Galicia)
Ver mapa de localización

AVISO LEGAL  -  PROTECCION DE DATOS  -  POLÍTICA DE COOKIES

© 2019 Estudios San Martín Cooperativa, S.C.G. - Todos os dereitos reservados  -  Privado  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Ir arriba
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar